RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor prepara desde este mércores 21 un partido fronte ao Real Racing Club entre os dous equipos máis eficientes como visitantes de LaLiga Hypermotion

O Dépor prepara desde este mércores 21 de xaneiro no Dépor Training Center o partido deste domingo 25 de xaneiro ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR ante o Real Racing Club, correspondente á 23ª xornada en LaLiga Hypermotion.

Fronte a fronte estarán os dous conxuntos máis eficientes fóra de casa, aínda que baixo criterios distintos. 

O Deportivo é actualmente o equipo con máis puntos totais como visitante (21 puntos), con 2 partidos máis disputados que o seu rival do domingo.

Pola súa banda, o Racing lidera a clasificación en puntos por partido lonxe do seu estadio: 18 puntos en 10 partidos.

Ademais, o conxunto branquiazul é o equipo que ataca con maior anchura e profundidade da categoría.

Os cántabros apostan por unha formulación moito máis estreita e compacta. De feito, é o segundo equipo máis estreito e o segundo con menor profundidade ofensiva, medida na distancia entre os seus centrais e o dianteiro.

Tanto deportivistas como racinguistas chegan ao encontro como os dous equipos con maior produción goleadora en xogo dinámico da competición. 

O Real Racing Club lidera este apartado cunha media de 1,55 goles por partido, seguido polo Deportivo, que rexistra 1,27 goles por encontro en accións de xogo dinámico.

Finalmente o próximo visitante de ABANCA-RIAZOR é o equipo ante o que máis cartóns vermellos reciben os seus rivais na competición, cun total de 9 expulsións; por 5 dos seus perseguidores: Málaga CF e CD Mirandés.

Os resultados da última xornada, co triunfo no UD Almería Stadium cuxas mellores imaxes podes ver ao pé destas liñas, deixaron a Os Nosos na 4ª posición con 37 puntos. Por diante marchan CD Castellón (2º) e UD Las Palmas (3º) empatados con 38 puntos. Lidera a clasificación o Real Racing Club con 41 puntos.

O corpo técnico dispuxo de 4 sesións matinais no Dépor Training Center, ás que hai que engadir unha activación o mesmo día do partido en ABANCA-RIAZOR.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 21 de xaneiro
10:30 h., Dépor Training Center

Xoves 22 de xaneiro
10:30 h., Dépor Training Center

Venres 23 de xaneiro
10:30 h., Dépor Training Center

Sábado 24 de xaneiro
10:30 h., Dépor Training Center

Domingo 25 de xaneiro
21:00: Deportivo - Real Racing Club, en ABANCA-RIAZOR