RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor preparará o partido de Vitoria ante o CD Mirandés con 4 sesións de traballo en Abegondo

O Deportivo, este luns 8 de setembro con xornada de descanso, regresa este martes 9 a Abegondo para comezar a preparar a visita ao CD Mirandés, previsto para este sábado 13 de setembro ás 16:15 (Dazn e LaLiga TV Hypermotion, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) en Mendizorroza (Vitoria) debido ás obras no estadio de Anduva en Miranda de Ebro.

Os resultados da fin de semana, co triunfo en ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón, deixaron a Os Nosos na 4ª posición con 8 puntos; á espera do partido entre a SD Eibar e o FC Andorra deste luns co que se pecha a 4ª xornada.

Antonio Hidalgo dispón de 4 sesións de adestramento na Cidade Deportiva ás 10:30 salvo a do venres 12, que se adianta ás 10:00 porque ao concluír o equipo sairá de viaxe por estrada a Vitoria.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 9 de setembro
10:30 h.

Mércores 10 de setembro
10:30 h.

Xoves 11 de setembro
10:30 h.

Venres 12 de setembro
10:00 h.

Sábado 13 de setembro
16:15: CD Mirandés - Deportivo, en Mendizorroza