RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor puxo esta mañá rumbo ao Sporting de Gijón "reforzando o tema da defensa"

Despois do día libre de onte martes, o Dépor comezou esta mañá a preparar o encontro ante o Sporting de Gijón deste domingo 24 de novembro ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR.

Óscar Gilsanz dispuxo unha activación con rondos, un traballo táctico e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Cristian Herrera, en rolda de prensa esta mesma mañá, desvelou que "estamos a reforzar o tema da defensa, traballando un pouco máis a táctica para sufrir menos neses momentos nos que non temos a pelota

Subliña sobre o tanto encaixado a balón parado en Almería que "traballamos para mellorar. O importante é que o equipo se dá conta cando fallamos. Sabemos o porqué. Estamos a traballar niso para poder outra vez sacar puntos".

Estiveron con adestramento personalizado Mella, Yeremay, Dani Barcia e Jaime; mentres que Lucas, Ximo Navarro e Jose Ángel realizaron unha parte co grupo e outra cos readaptadores do primeiro cadro.

Cristian Herrera asegura que "están a seguir as pautas dos médicos, recuperándose, facendo todo o que teñen que facer".

O atacante canario afirma que "se están o domingo o equipo agradecerallo e se non os que non están a participar tanto están a adestrar para ter o seu momento e axudar ao equipo, que é o que importa nestes momentos".

Pola súa banda, Aarón, Samu, Alfaro e Guerrero foron esta mañá os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo a partir das 11:00 en Abegondo.