RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor regresa a Abegondo despois de dous días de descanso co obxecto de salvar o duro obstáculo do Nàstic

Os Nosos regresan a Abegondo mañá mércores 25 de outubro despois de dous días de descanso, onte luns e hoxe martes.

Imanol Idiakez porase ao choio cos seus futbolistas de cara ao seguinte compromiso ligueiro, o domingo 29 de outubro ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV) ante o Nàstic de Tarragona. 

Despois de vencer o pasado sábado en Sabadell, o técnico deportivista avisou xa na sala de prensa que "agora nos toca en casa. En ABANCA-RIAZOR estamos a facer unha temporada a nivel de resultados deficiente. O domingo temos a primeira oportunidade de empezar a facer en casa o que temos que facer".

Os resultados da última xornada deixaron ao Dépor en 13ª posición na táboa con 11 puntos.

Están previstas desde mañá catro sesións matinais, incluída a do sábado en ABANCA-RIAZOR a porta pechada.

Cada vez que haxa traballo en Abegondo, o cadro reunirase para almorzar a partir das 8:45 e comer após o traballo diario, tamén na propia instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 25 de outubro
10:30 h., Abegondo

Xoves 26 de outubro
10:30 h., Abegondo

Venres 27 de outubro
10:30 h., Abegondo

Sábado 28 de outubro
10:30 h., ABANCA-RIAZOR

Domingo 29 de outubro
19:00: Deportivo - Nàstic de Tarragona, en ABANCA-RIAZOR