RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor retoma os adestramentos este martes consciente que "ANOSAFORZA está feliz connosco, está a conectar connosco"

O Dépor regresa este martes 23 de setembro a partir das 10:30 horas aos adestramentos en Abegondo despois de 2 días de descanso.

Os resultados da última xornada, co triunfo do pasado venres en ABANCA-RIAZOR, deixou a Os Nosos á fronte da táboa con 14 puntos.

Miguel Loureiro subliñou após a vitoria ante a SD Huesca que "ANOSAFORZA está feliz connosco, está a conectar connosco. Estamos a saber transmitir á bancada de ABANCA-RIAZOR o que quere o equipo; esa forza, esa enerxía que temos no campo. E iso vai ser vital para poder gañar moitos partidos".

O futbolista coruñés confesa que "iso é do que máis orgullosos temos que estar. Ser capaces de mantelo e alargalo no tempo. Iso vainos a dar moitos puntos".

Antonio Hidalgo dispuxo esta semana 4 sesións de adestramento matinais na Cidade Deportiva.

A do venres 26 de setembro adiántase ás 10:00 porque ao concluír, Os Nosos viaxarán por estrada a Vitoria, cuartel xeral do equipo de cara ao encontro deste sábado 27 de setembro ás 18:30 en Ipurúa ante a SD Eibar, en partido correspondente á 7ª xornada en LaLiga Hypermotion (Liga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas).

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 23 de setembro
10:30 h.

Mércores 24 de setembro
10:30 h.

Xoves 25 de setembro
10:30 h.

Venres 26 de setembro
10:00 h.

Sábado 27 de setembro
18:30: SD Eibar - Deportivo, en Ipurúa