RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor traballa "para facer as cousas ben con e sen balón" no Estadio SkyFi Castalia

Novo adestramento do Dépor este xoves 12 de febreiro no Dépor Training Center nesta ocasión sen choiva.

Giacomo Quagliata subliñou na sala de prensa da instalación deportivista que o grupo traballa estes días "para facer as cousas ben con e sen balón" este domingo 15 de febreiro ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) no SkyFi Castalia ante o CD Castellón.

O lateral italiano destaca que os futbolitas blanquinegros "son xogadores rápidos en ataque" aínda que "pensamos en nós mesmos, en traballar como facemos sempre".

Após pasar pola sala de vídeo e despois dunha activacion e un exercicio de posición en espazo reducido con porterías, o corpo técnico traballou no campo 2 o plan de partido.

Noé foi o representante de ANOSACANTEIRA.

Este venres, Os Nosos están citados de novo no Dépor Training Center para unha sesión que arrincará no céspede a partir das 10:30 horas.