RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor ultima os detalles no Dépor Training Center para un Nuevo Arcángel que "mete moita xente, que aperta continuamente"

O Dépor ultimou os detalles no campo 2 para o partido deste domingo 16 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL, TEN e Cayo TV) ante o Córdoba CF nun Bahrein Victorious Nuevo Arcángel que "mete moita xente, aperta continuamente", segundo declarou Diego Villares na sala de prensa.

O capitán branquiazul advirte que o conxunto andaluz "tenta asfixiarche o máximo posible alto para recuperar preto da portería rival. Esa presión alta converte o partido en difícil aos rivais".

O cadro completou a sesión cunha activación con finalizacións e un xogo de posición no campo 3.

Jose Gragera estivo co grupo xa a primeira parte da sesión e a continuación seguiu con traballo específico.

Pola súa banda, Ximo Navarro, Escudero e Bachmann están con adestramento personalizado.

Hugo Ríos, Samu, Quique Teijo e Pablo García foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este venres 14 de novembro Os Nosos adestraranse por última vez esta semana no Dépor Training Center posto que a sesión do sábado 15 terá lugar na Cidade Deportiva do Córdoba CF a partir das 18:00 horas.