RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O Dépor únese á ECA (Asociación de Clubs Europeos)

O Deportivo xa é membro da ECA, ou o que é o mesmo a Asociación Europea de Clubs que preside Nasser Al-khelaïfi, presidente tamén do Paris Saint-Germain.

Con sede na cidade suíza de Nyon, a ECA é recoñecida oficialmente tanto pola UEFA como pola FIFA como o único organismo independente para os clubs de fútbol a nivel europeo.

A Asociación está integrada por clubs das 55 asociacións nacionais Europeas e desde a súa creación en 2008 o seu obxectivo é dar valor aos seus membros, á vez que protexer, fortalecer e desenvolver os intereses dos clubs europeos. "Actuamos para fortalecer a cada club en beneficio de todos e para asegurar que os clubs estean no centro das decisións", afirman desde o organismo europeo.

En España, ademais do RC Deportivo forman parte da ECA o Atlético de Madrid, Villarreal CF, Valencia CF, Real Betis, Sevilla FC, Athletic Club ou Real Sociedad entre outros.

"Estamos moi contentos de dar a benvida ao RC Deportivo de La Coruña á familia ECA. A rica historia de éxitos do club tanto a nivel nacional como europeo é un testemuño do seu legado no fútbol. Desexámoslles todo o mellor para o futuro, e esperamos traballar estreitamente con eles para seguir fortalecendo o fútbol europeo", dixo Charlie Marshall, CEO de ECA.