O Deportivo medirase ao UCAM Murcia CF na primeira eliminatoria da Copa do Rei, que se xogará o próximo 30 de novembro, 1 ou 2 de decembro a partido único no Estadio de La Condomina, ao ser ambos os equipos da mesma categoría e ser extraída no sorteo a bóla do equipo murciano en primeiro lugar.
O UCAM Murcia CF, que a temporada pasada disputou o playoff de ascenso a Segunda División, marcha a estas alturas da temporada nunha posición máis discreta no grupo 2: décimo quinto na táboa con 13 puntos. Salva Ballesta, ex internacional español e máximo goleador de Primeira División (casualmente na temporada na que o Dépor proclamouse campión de Liga), é o adestrador do conxunto universitario.
En rolda de prensa esta mañá, Diego Villares apuntaba que non tiña preferencias en canto a rivais aínda que "si nos gustaría que fose en ABANCA-RIAZOR". Cun obxectivo marcado na liga, o centrocampista galego non cre que a Copa "estorbe en ningún caso. Sérvenos para seguir preparándonos e collendo minutos".
Así mesmo, Diego Villares felicitou ao Victoria CF, que onte eliminou ao CD Hernani na eliminatoria previa e esta tarde quedou emparellado co Villarreal CF: "Para eles é un premio moi grande a todos estes anos que levan traballando e pelexando por conseguir cousas así. Dámoslle o noso parabén e que o gocen ao máximo. Tócalles un equipo de Primeira División e para eles vai ser unha experiencia inesquecible".
Estes son todos os emparellamentos da primeira eliminatoria copeira:
Preferente contra Primera División
CD Huracán Melilla - Levante UD
CD Utrillas - Valencia CF
CFI Alicante - Real Betis Balompié
CF San Agustín del Guadalix - CA Osasuna
CD Villa de Fortuna - Cádiz CF
Victoria CF - Villarreal CF
SD Solares-Medio Cudeyo - RCD Espanyol de Barcelona
CFJ Mollerussa - Getafe CF
CD Laguna - Granada CF
Unami CP - Deportivo Alavés
Copa RFEF contra Primera División
Córdoba CF - Sevilla FC
CD Guijuelo - Rayo Vallecano de Madrid
CD Ebro - RC Celta de Vigo
SD Leioa - Elche CF
Segunda RFEF contra Primeira División
CF Panadería Pulido San Mateo - Real Sociedad de Fútbol
Gimnástica Segoviana CF - RCD Mallorca
Segunda RFEF contra Segunda División
SD Gernika Club - SD Eibar
CD Mensajero - Real Zaragoza
CD Teruel - AD Alcorcón
UC Ceares - Real Sporting de Gijón
CD San Roque de Lepe - CD Mirandés
CE Europa - SD Amorebieta
UD Montijo - Burgos CF
CD Cayón - SD Huesca
Calvo Sotelo Puertollano CF - Girona FC
UD Alzira - CF Fuenlabrada
Peña Sport FC - Málaga CF
CD Ibiza Islas Pitiusas - CD Tenerife
Águilas FC - UD Almería
Racing Rioja CF - FC Cartagena
AD Unión Adarve - CD Lugo
CD Marchamalo - Real Valladolid CF
CP Cacereño - SD Ponferradina
Xerez Deportivo FC - CD Leganés
CE Andratx - Real Oviedo
Vélez CF - UD Las Palmas
CD Brea - UD Ibiza
Segunda RFEF contra Primera RFEF
CD Palencia Cristo Atlético - Real Unión Club
Club Atlético Pulpileño - CD Castellón
Bergantiños CF - CD Tudelano
CD Eldense - CF Rayo Majadahonda
Náxara CD - FC Andorra
AD San Juan - US San Sebastián de los Reyes
UD Llanera - UD Logroñés
Atlético Mancha Real - DUX Internacional de Madrid SL
CD Arenteiro - SD Logroñés
Primera RFEF contra Primera RFEF
CD Calahorra - CD Atlético Baleares
Extremadura UD - Zamora CF
Albacete Balompié - Racing Club Ferrol
UCAM Murcia CF - RC Deportivo
Atlético Sanluqueño CF - CE Sabadell FC
CD Badajoz - CD Alcoyano
Linares Deportivo - Gimnàstic de Tarragona
San Fernando CD Isleño - CyD Leonesa
CF Talavera de la Reina - UE Cornellà
Algeciras CF - Unionistas de Salamanca CF