RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor volve ao traballo con Mella xa de regreso da selección española sub-20

O Dépor, que este luns tivo xornada de descanso, retomou esta fresca mañá de martes os adestramentos en Abegondo.

Xa estivo na Cidade Deportiva David Mella, de regreso da concentración da selección española sub-20, que disputou dous partidos amigables en Francia.

O canteirán xogou media hora no primeiro partido e 78 minutos no segundo celebrado o pasado domingo. Por este motivo, o internacional deportivista tivo esta mañá unha xornada de recuperación, con traballo personalizado supervisado polo preparador físico Sergio Roca.

Así mesmo, tamén Jose Ángel arrincou a activación co grupo e logo seguiu co seu plan de recuperación ás ordes do readaptador Fernando Rodríguez, do mesmo xeito que Gragera.

Antonio Hidalgo dispuxo uns rondos e un exercicio de posición no campo 2; e fútbol reducido no 3.

Hugo Ríos, Samu, Kike Fernández e Pablo García foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Os Nosos adéstranse de novo este mércores 10 de setembro ás 10:30 e seguir coa preparación do encontro deste sábado 13 de setembro ás 16:15 en Mendizorroza ante o CD Mirandés.