O Dépor volve este martes 17 ao Dépor Training Center consciente que "a clave é chegar vivo e con opcións até o final"
O Dépor arrinca este martes 17 de febreiro a semana de traballo previa á visita da SD Eibar a ABANCA-RIAZOR, prevista para o sábado 21 de febreiro ás 16:15 e retransmitido en directo por LaLiga TV, TVG, GOL e Cayo TV.
Os resultados da fin de semana deixaron a Os Nosos con 43 puntos na 4ª posición.
Mario Soriano pide "seguir, que quedan moitos puntos por diante. Sabemos como é esta liga, que todo pode pasar".
Advirte que hai moitos equipos loitando tanto polo ascenso directo como polos postos de play off "e ímonos a quitar puntos entre todos. A categoría é moi difícil; e logo estanse xogando cousas por baixo que gañan aos de arriba e quítanlles puntos. Todo pode pasar. A clave é chegar vivo e con opcións até o final". "Ao último mes hai que chegar vivos", subliña.
A pesar da derrota no Estadio SkyFi Castalia este pasado domingo, o CD Castellón, líder na liga en saques de esquina, non conseguiu rematar ningún ante o Dépor, algo que só lle ocorreu fronte ao CD Leganés e SD Huesca.
Ademais, ante Os Nosos foi o seu 2º rexistro máis baixo en accións a balón parado, empatado cos encontros ante o Córdoba CF e UD Almería.
Para o Dépor é xa o 20º partido de 26 sen conceder un só remate de córner e, en balón parado, o 5º rexistro máis baixo permitido esta temporada.
Antonio Hidalgo subliñou na sala de prensa após o encontro que "defendemos moi ben o balón parado. Eles son poderosos e hai que encomialo".
De cara ao choque ante a SD Eibar, o corpo técnico dispuxo 4 sesións de traballo matinais, segundo esta planificación:
Martes 17 de febreiro 10:30 h.
Mércores 18 de febreiro 10:30 h.
Xoves 19 de febreiro 10:30 h.
Venres 20 de febreiro 10:30 h.
Sábado 21 de febreiro 16:15: Deportivo - SD Eibar, en ABANCA-RIAZOR