RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O Dépor xa exhibe os seus equipamentos oficiais dedicados esta temporada a Arsenio Iglesias

Kappa, patrocinador técnico do RC Deportivo, presenta da man do Club, os equipamentos do Dépor 2024-2025, un deseño exclusivo entre ambas as entidades que están dedicadas a Arsenio Iglesias, o personaxe con maior influencia directa no terreo de xogo nos 117 anos de historia do RC Deportivo.

O primeiro equipamento, Arsenio Estrela, está inspirada nunha das máis distinguidas que vestiu Arsenio Iglesias como xogador. O 'Raposo de Arteixo' disputou 146 partidos oficiais co Dépor, nos que anotou 34 goles, entre 1951 e 1957. A camiseta, de franxas anchas e coa central en branco, ten o pescozo e os ribetes das mangas do mesma cor, aínda que nela predomina o azul.

Nas costas tamén impera o azul, cunha caixa para o número e nome do xogador e o logo de ABANCA. Na zona inferior asoman as franxas que dan continuidade ás da dianteira. O logo de DIGI pasa da parte superior das costas á manga esquerda.

Na parte interna do pescozo, a camiseta leva un rostro de Arsenio xunto ao nome do equipamento e a frase "Volve guiarnos".

O segundo equipamento, Arsenio Lenda, está inspirada nunha das pezas máis significativas que vestiu Arsenio Iglesias como adestrador. O 'Raposo de Arteixo' é, con ampla diferenza, o técnico que máis veces dirixiu ao Dépor, con 568 partidos oficiais ao longo de 13 temporadas e en catro etapas distintas: 1971-1973, 1982-1985, 1988-1991 e 1992-1995. A camiseta, en cor azul mariño e con pescozo e ribetes en vermello, presenta unhas formas xeométricas e unhas bandas branquiazuis no peito que lembran ás míticas pezas que vestía Arsenio como adestrador.

Na parte interna do pescozo, a camiseta leva un rostro de Arsenio xunto ao nome do equipamento e a frase "Orde e talento", coa que resumía o estilo de xogo que aplicaba aos seus equipos como adestrador. O pantalón e as medias manteñen os mesmos tons que a camiseta.

O equipamento galego do Dépor, Arsenio Galego, mostra a Arsenio emerxendo sobre a franxa da bandeira no seu parte inferior, nunha silueta do 'Raposo de Arteixo' no momento culminante a súa carreira, levantando a Copa del Rey de 1995 após o último dos seus 714 encontros oficiais co primeiro equipo branquiazul como adestrador (568) ou xogador (146).

Na parte interna do pescozo, a camiseta leva un rostro de Arsenio xunto ao nome do equipamento e a expresión "Que duda cabe", unha frase que utilizou en numerosas roldas de prensa e que condensa a súa retranca e, con iso, o seu remarcado e reconocible carácter galego.