O Deportivo Abanca B acaba a liga en Primeira División Autonómica nunha meritoria sexta posición
O Deportivo Abanca B finalizou a competición ligueira na Primeira Autonómica cun novo triunfo, o sétimo consecutivo, esta vez en Lugo ante o Milagrosa (1-3).
Con este resultado, o conxunto deportivista sumou 46 puntos e acabou sexto clasificado, con 14 vitorias, 4 empates e 10 derrotas. As branquiazuis anotaron 63 goles e encaixaron 34.
En Lugo, o partido foi dominado claramente polo Deportivo Abanca B, moi superior ao Milagrosa. Raña, Michelle e Cape foron as autoras dos tantos.
Deportivo Abanca B: Merchi, Laura, Pauli, Ainhoa, Ari, Cape, Alba, Raña, Michelle, Natalia e Vero. Tamén xogaron: Ana, Marta e Karina.
Despois da liga, o Deportivo Abanca B entra esta semana no sorteo de Copa.
Os resultados do conxunto deportivista en Primeira División Autonómica foron os seguintes:
AlertaNavia 0 - Deportivo Abanca B 0 Deportivo Abanca B 1 (Noe) - CCAR Valladares 2 Portonovo 2 - Deportivo Abanca B 1 (Raña) Deportivo Abanca B 1 (Natalia) - Victoria B 1 Deportivo Abanca B 1 (Laura Doce) - Victoria FC 2 Sárdoma B 3 - Deportivo Abanca B 3 (Vero -3-) Deportivo Abanca B 0 - UD Ourense 0 San Miguel 3 - Deportivo Abanca B 2 (Vero e unha futbolista rival en propia meta) Deportivo Abanca B 1 (Vero) - O Val 2 Torre 1 - Deportivo Abanca B 2 (Ainhoa e Lucía) Deportivo Abanca B 2 (Vero -2-) - Arcadia 1 Deportivo Abanca B 6 (Vero -5- e Laura) - Xuventú Aguiño 0 Umia 1 - Deportivo Abanca B 2 (Vero -2-) Deportivo Abanca B 0 - Milagrosa 1 Deportivo Abanca B 3 (Ainhoa, Raña e Vero) - AlertaNavia 1 CCAR Valladares 3 - Deportivo Abanca B 1 (Marta) Deportivo Abanca B 1 (Michelle) - Portonovo 2 Victoria B 0 - Deportivo Abanca B 2 (Doce e Vero) Victoria FC 3 - Deportivo Abanca B 1 (Raña) Deportivo Abanca B 4 (Natalia -2-, Vero e Michelle) - Sárdoma B 1 Ourense 2 - Deportivo Abanca B 1 Deportivo Abanca B 3 - San Miguel 0 O Val 0 - Deportivo Abanca B 3 (Vero, Natalia e Ainhoa) Deportivo Abanca B 4 (Alba, Vero -2- e Raña) - Torre 0 Arcadia 2 - Deportivo Abanca B 4 (Vero -3- e Raña) Xuventú de Aguiño 0 - Deportivo Abanca B 10 (Raña -5-, Nati -3-, Alba e Ana) Deportivo Abanca B 1 (Vero) - Umia 0 Milagrosa 1 - Deportivo Abanca B 3 (Raña, Michelle e Cape)