RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA B lanza unha mensaxe de superioridade en Tordoia

O Deportivo ABANCA B lanzou aos seus rivais polo título unha mensaxe de superioridade en Tordoia (0-8), con goles de Alba Suárez -3-, Lucía -2-, Patri López, Michelle Clemente e Lara; en partido correspondente á 7ª xornada na Primeira Autonómica Feminina.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA B manda na categoría con 21 puntos de 21 posibles. En segunda posición marchan Viaxes InterRías FF e Victoria FC B, ambos con 17 puntos.

Deportivo ABANCA B: Jessi, Ainhoa, Alba Martínez, Sofía, Antía, Sara Piñeiro, Alba Suárez, Lucía, Michelle Clemente, Patri López e María Calvo. Tamén xogaron: Lara, Rivas, Bermúdez e Andrea.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao SCD Milagrosa.

A liga transcorre así para o equipo que dirixe Kevin Cabado:

Antas 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -5-, Alba Suárez e 2 xogadoras rivais en propia meta)
Deportivo ABANCA B 2 (Michelle Clemente e Sara Piñeiro) - Umia 0
Arcadia EF 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Lucía, Sofía, María Calvo e Alba Suárez)
Deportivo ABANCA B 6 (María Calvo -2-, Ainhoa -2-, Alba Suárez e Sara Piñeiro) - Orzán 1
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Michelle Clemente -2-, Alba Suárez, Carlota e Patri López)
Deportivo ABANCA B 3 (Antía, Alba Suárez e Alba Martínez) - UD Mos 1
SD Tordoia 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Alba Suárez -3-, Lucía -2-, Patri López, Michelle Clemente e Lara)