RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA B logra ante o SCD Pastoriza a súa 12ª vitoria consecutiva

A ritmo de marca marcha o Deportivo ABANCA B á fronte da Primeira Autonómica Feminina. No campo de herba sintética de Abegondo logrou ante o SCD Pastoriza (6-0) a súa 12ª vitoria consecutiva esta temporada. Esta vez as goleadoras branquiazuis foron Michelle Clemente, Sara, Antía, Carlota, Alba Suárez e Alba Martínez.

Pleno de puntos, 36 de 36 disputados, para un equipo deportivista que marcou nestes 12 encontros 70 goles, un martelo en ataque, e tan só encaixou 3, fiable en defensa.

Deportivo ABANCA B: Anita, Lara, Sofía, Alba Martínez, Ainhoa, Lucía, Sara, Antía, Michelle Clemente, Alba Suárez e Lucía. Tamén xogaron: Jessica, Rivas, Bermúdez, Andrea e Carlota.

O vindeiro domingo toca de novo partido na Cidade Deportiva. Esta vez o rival será o CP Alertanavia.

A liga transcorre así para o equipo que dirixe Kevin Cabado:

Antas 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -5-, Alba Suárez e 2 xogadoras rivais en propia meta)
Deportivo ABANCA B 2 (Michelle Clemente e Sara Piñeiro) - Umia 0
Arcadia EF 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Lucía, Sofía, María Calvo e Alba Suárez)
Deportivo ABANCA B 6 (María Calvo -2-, Ainhoa -2-, Alba Suárez e Sara Piñeiro) - Orzán 1
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Michelle Clemente -2-, Alba Suárez, Carlota e Patri López)
Deportivo ABANCA B 3 (Antía, Alba Suárez e Alba Martínez) - UD Mos 1
SD Tordoia 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Alba Suárez -3-, Lucía -2-, Patri López, Michelle Clemente e Lara)
Deportivo ABANCA B 8 (Lucía -3-, Antía -2-, María Calvo, Carlota e Rivas) - SCD Milagrosa 0
Victoria FC B 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez -2-, Sara Piñeiro e Alba Martínez)
Deportivo ABANCA B 12 (Patri López -4-, Lucía -2-, Alba Suárez -2-, Rivas, Sara Piñeiro, Alba Martínez e Lara) - CF Deportivo Orzán 0
Victoria CF B 0 - Deportivo ABANCA B 4 (María Calvo, Alba Suárez, Alba Martínez e Patri López)
Deportivo ABANCA B 6 (Michelle Clemente, Sara, Antía, Carlota, Alba Suárez e Alba Martínez) - SCD Pastoriza 0