RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Deportivo ABANCA viaxa a Pamplona por estrada este venres despois de adestrar

O Deportivo ABANCA desprázase por estrada a Pamplona este venres 27 de xaneiro despois de adestrar en Abegondo para afrontar a seguinte cita ligueira en Primera Federación FutFem, o sábado 28 de xaneiro ás 12:00 en Tajonar ante o CDF Osasuna, correspondente á 17ª xornada.

O regreso das Nosas á Coruña, tamén en autocar, será nada máis finalizar o choque ante as navarras.

O plan de viaxe do conxunto deportivista é o seguinte:

Venres 27 de xaneiro
12:00: Saída do autocar de Abegondo, con parada para comer en Vega de Valcarce
21:00 (horario aproximado): Chegada ao hotel EXE Zizur en Zizur Maior (Pamplona)

Sábado 28 de xaneiro
12:00: CDF Osasuna - Deportivo ABANCA, en Tajonar
Ao concluír, regreso en autocar a Pamplona