RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo celebrará a Xunta de Accionistas e solicita a delegación de accións

O Real Club Deportivo confirma a súa vontade de poder celebrar, en segunda convocatoria, o vindeiro martes 17 de marzo ás 19:00 h. en Palexco, a Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas da Sociedade.

Para que sexa posible a súa celebración, atendendo ás recomendacións das autoridades sanitarias de evitar as aglomeracións de persoas en espazos públicos pechados, o Club insta a todos os seus accionistas a delegar e agrupar a representación de accións para que o número de asistentes físicos á Xunta non obrigue á suspensión da mesma por superar os estritos límites legais establecidos.

A celebración da Xunta de Accionistas do Real Club Deportivo é determinante para o futuro da entidade polo que a importancia de atender a esta solicitude por parte dos accionistas é transcendental.

Para iso, o Real Club Deportivo lembra a todos os seus accionistas as vías para delegar as accións:

- Servizo de recollida express a domicilio na cidade da Coruña da documentación de delegación. Para iso, o accionista que resida no municipio, unicamente debe chamar ao 881 24 12 05 (de 09:00 a 21:00 h.) e indicar o punto de recollida para que un motorista desprácese até o lugar concertado a recoller a documentación e entregala directamente nas oficinas do Club.

- Até o luns 16 en urnas precintadas en cada unha das 3 DéporTiendas (ABANCA-RIAZOR, Marineda City e Real, 59) os accionistas poderán depositar, debidamente cumprimentado, o boletín de delegación.

- Como en calquera Xunta, os accionistas poderán entregar o documento de delegación directamente na Oficina de Atención ao Deportivista (OAD), na sede do Club en praza de Pontevedra, 19 1º ou remitilo por correo ordinario no sobre de resposta gratuíta ao código postal do Real Club Deportivo que reciben xunto á convocatoria.

Horarios e lugares de atención aos Deportivistas até a celebración da Xunta:

Xoves 12 e venres 13 na OAD de 10:00 a 13.30 a 16:30 a 19:00 horas.
Luns 16 na OAD de 10:00 a 13:30 e en Palexco de 16:30 a 19:00 horas.
Martes 17 en Palexco de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. (O martes 17 a OAD permanecerá pechada)

En todos os casos, as delegacións de accións deben realizarse co papel oficial con código de barras e marca de auga que cada accionista recibe no domicilio que figura na base de datos do Club. En caso de non recibila ou de extraviala, o accionista, debidamente identificado, pode solicitar un duplicado na Oficina de Atención ao Deportivista (avenida de La Habana, s/n).