O Deportivo rendeu homenaxe onte a Pedro Barrié da Maza
Onte foi un día sinalado na vida do Deportivo da Coruña, xa que a directiva rendeu homenaxe a un home ao que debe moito o club, Pedro Barrié da Maza.
Pola mañá no seu despacho do Banco Pastor, a Condesa de Fenosa, Carmela Arias e Díaz de Rábago, recibiu a unha representación da directiva deportivista que acudiu a cumprir cun deber moral como é o sumarse á homenaxe a don Pedro Barrié da Maza, que se está vivindo na Coruña con motivo do centenario do seu nacemento...