RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Deportivo tráese tres importantes puntos de Mendizorroza

O Deportivo remontou un gol en contra en Vitoria e tráese de Mendizorroza tres puntos importantísimos e a moral reforzada. Un gol de Iván Alonso adiantou aos locais e durante bastantes minutos o partido púxose costa arriba para os deportivistas. Pero Tris

As internadas pola banda esquerda de Edu Alonso fixeron moito dano ao Depor na primeira parte. Nos últimos minutos as xogadas de perigo sucedéronse por parte do arabeses pero afortunadamente sen acerto cara ao gol. Os deportivistas achegáronse con certo perigo por medio de Makaay, só en ataque.
Tras o descanso parecía que o dominio do xogo ía continuar nas botas dos de Manei e un gol de Iván Alonso no 53 parecía corroboralo. Con todo os cambios de Irureta, dando entrada a Tristán, primeiro, a Luque e Capdevila, despois, deron máis pulo ao Deportivo que soubo aproveitar as súas ocasións.

A media hora para o final, entro no terreo de xogo Tristán. Aos poucos minutos o 9 xa puxo en aprietos a Dutruel e estrelou un balón na defensa. No 70 o deportivista cabeceou fantasticamente un centro e o Deportivo volvía estar no partido. O Arabés seguiu presionando e mesmo reclamaron un penalti pero non conseguiron bater a Juanmi. Con todo, e tras un balón de Tristán ao traveseiro, o Deportivo foi o que volveu marcar tras unha liosa xogada na que disparou Tristán unha falta e enviou o disparo ao traveseiro. No terceiro remate Capdevila conseguiu o tanto.

Ver ficha do partido