RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Emma Cuervo en Ribadeo do sábado 23 de agosto marca o final da pretemporada do Dépor ABANCA

Finalizado o encontro no Estadio de Los Cuartos de La Orotava, As Nosas pasan a noite en Santa Cruz de Tenerife.

Este domingo 17 de agosto ás 10:00 (hora local) Fran Alonso dirixirá unha sesión de adestramento no escenario do trofeo antes de regresar pola noite á Coruña.

A 5ª edición do Trofeo Emma Cuervo, o sábado 23 de agosto no campo Pepe Barrera de Ribadeo ante o CA Osasuna será o último test de pretemporada para o Dépor ABANCA antes do debut ligueiro en ABANCA-RIAZOR ante o FC Levante Women.

Os partidos do Dépor ABANCA nesta pretemporada, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:

Mércores 23 de xullo, Cidade Deportiva do SC Braga: SC Braga 0 - Deportivo ABANCA 4 (Ainhoa Marín, Millene -2- e Marina Artero)

Sábado 2 de agosto, campo de San José en Llanes (Asturias): Athletic Club 3 - Deportivo ABANCA 2 (Marisa e Bárbara)

Mércores 6 de agosto, Estadio Cidade de Lordelo (Lordelo, Portugal): Sporting CP 1 - Deportivo ABANCA 1 (Redru)

Sábado 9 de agosto, Estadio ABANCA-RIAZOR, (XIII Trofeo Teresa Herrera): Deportivo ABANCA 2 (Marisa e Redru) - SC Braga 0

Sábado 16 de agosto, Estadio Municipal Os Cuartos de La Orotava, (Copa Teide): Costa Adeje Tenerife 0 - Deportivo ABANCA 4 (Marisa -2-, Barth e Ainhoa Marín)

Sábado 23 de agosto, Estadio Municipal Pepe Barrera de Ribadeo, 12:00 (V Trofeo Emma Cuervo): Deportivo ABANCA - CA Osasuna