RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Benxamín soubo competir ante o CD Calasanz A

O Fabril FC Benxamín soubo competir e derrotou (2-1) ao CD Calasanz A en partido correspondente á 4ª xornada na Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo C.

Jorge e Marcos foron os autores dos goles fabrilistas nun encontro moi disputado ante un dos equipos chamados a pelexar pola primeira praza.

Con este resultado, o Fabril FC Benxamín lidera o grupo con 9 puntos de 9 posibles.

Fabril FC Benjamín: Roque, Hugo Macedo, Jorge, Javi Barral, Iván, Martín e Álvaro. Tamén xogou: Roi.

O vindeiro sábado 8 de maio, o Victoria CF B será o seguinte rival do Fabril FC Benxamín.

Os resultados do Fabril FC Benxamín até a data son os seguintes:

CF Deportivo Orzán A 1 - Fabril FC Benxamín 11 (Jorge -3-, Dani -3-, Javi -2-, Álvaro -2- e Martín)
Orillamar SD A 1 - Fabril FC Benxamín 6 (Javi Barral, David Ramos -2-, Martín -2- e Dani)
Fabril FC Benxamín 2 (Jorge e Marcos) - CD Calasanz A 1