RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril suma un punto na súa visita ao Oviedo Vetusta e mantense á fronte da Segunda Federación

-Foto:@https://x.com/Cantera1926

 

Oviedo Vetusta e Fabril empataron (1-1) este domingo 1 de febreiro no Requexón co liderado da Segunda Federación en xogo.

Con este resultado, o filial deportivista mantense á fronte da táboa con 42 puntos por 40 dos carbayones. 

O único 'pero' da xornada é o golaverage, perdido ante os asturianos en caso de empate final, que venceron por 0-1 no campo Arsenio Iglesias na primeira volta.

Foron baixa por lesión Íker Vidal, Dipanda e Damián Canedo.

Con todo, Manuel Pablo puido contar con Bil e Noé, que viaxaron co primeiro equipo a León para o choque no Estadio Reino de León ante a Cultural Leonesa. Ambos foron titulares en Oviedo.

O partido arrincou en costa arriba.

Ao cinco minutos, Marco Esteban no segundo pau cabecea á rede unha falta lateral.

A partir de aquí fíxose co control do partido o Fabril, aínda que con escasas oportunidades de gol.

Manu Ferreiro, Bil, que xogou media hora co primeiro equipo ante a Cultural Leonesa, e Nájera colleron o mango en ataque.

Precisamente Nájera puido igualar en dúas ocasións. Na primeira o disparo raso do fabrilista atallouno Narváez e na segunda, esta vez de cabeza, de novo atopouse co porteiro asturiano.

Con 1-0 chegouse ao descanso.

Após o paso polos vestiarios o Fabril saíu a por o empate.

Noé Carrillo puido marcar de socato. O seu remate foise alto.

A seguinte oportunidade foi para Domínguez, que de novo se atopou co porteiro Narváez.

Manuel Pablo empeza a mover o banco. Quique Fernández substitúe a Dani Estévez.

E precisamente Quique Fernández foi un dos protagonistas da xogada do empate ao meter un gran pase ao espazo a Bil, que bate a Narváez de tiro raso ao primeiro pau.

O conxunto de Manuel Pablo seguiu empuxando en busca do gol do triunfo e máis cando o Oviedo Vetusta quedou con 10 pola expulsión de Cheli, por dobre amarela, no minuto 85.

Faltou precisión para logralo.

O vindeiro sábado 7 de febreiro ás 17:00 (YouTube RC Deportivo) o Fabril recibe no campo Arsenio Iglesias á SD Sarriana.

Oviedo Vetusta: Miguel Narváez, Adri Fernández, Marco Esteban, Tejón, Lamine, Cheli, Dieguito (Adri Lopes, min. 73), Omar Falah, Agudín (Arturo Arribas, min. 79), Guille Berzal (Coballes, min. 73) e Diego Espinosa

Fabril: Hugo Ríos, Quique Teijo (Mario Hermo, min. 78), Aarón, Samu, Mane, Dani Estévez (Quique Fernández, min. 72), Manu Ferreiro (Pablo Cortés, min. 88), Noé, Nájera (Fabi, min. 78), Domínguez (Garrido, min. 88) e Bil

Árbitro: Mario Pacheco Cotero, do comité cántabro. Amoestou a Tejón (min. 24), Guille Berzal (min. 42), Quique Teijo (min. 44), Diego Espinosa (min. 51), Adri Fernández (min. 58), Aarón (min. 75), Coballes (min. 77) e Cheli (min. 44 e min. 85)

Goles: 1-0 Marco Esteban (min. 5); 1-1 Bil (min. 77)

Incidencias: partido disputado no Requexón. Ambos os equipos pousaron cunha pancarta no Día Mundial contra o Cancro