RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil aférrase ao liderado do subgrupo B norte da Liga Galega co seu triunfo ante ao SD Viveiro

O Infantil impúxose (12-0) ao SD Viveiro esta tarde en Abegondo en partido adiantado á fin de semana e correspondente á 8ª xornada no subgrupo B norte da Liga Galega.

Balbas -2-, Íker Casuso -4-, Marcos, Lucas, Borja, Diego -2- e Janusz foron os goleadores branquiazuis ante o equipo lucense nun partido sen apenas historia.

Con este resultado, o equipo que dirixe Miguel Figueira aférrase ao liderado do grupo con 21 puntos de 21 posibles.

Infantil: Joel, Guille, Janusz, Xoel, Iago, Mosquera, Balbas, Franck, Íker Casuso, Lucas e Hugo. Tamén xogaron: Rubén, Abel, Marcos, Borja e Diego.

A fin de semana do 4 e 5 de decembro, o equipo branquiazul visita no campo de Río Seco ao SDCyR Narón O Freixo.

Os resultados do Infantil até a data son os seguintes:

Infantil 3 (Mosquera, Iker Casuso e Janusz) - Ural Español CF 0
CD Lugo 1 - Infantil 3 (Diego -2- e Hugo)
Infantil 8 (Rubén, Marcos -2-, Balbas -2-, Abel, Iker Casuso e Janusz) - San Tirso SD 0
Infantil 12 (Iker Casuso -2-, Janusz -3-, Hugo -4-, Marcos -2- e Iker Fernández) - SD Residencia A 1
Galicia Caranza 1 - Infantil 7 (Borja, Marcos -4- e Diego -2-)
Oza Juvenil SD A 0 - Infantil 7 (Diego -2-, Rubén, Balbas, Íker Casuso e Hugo -2-)
Infantil 12 (Balbas -2-, Íker Casuso -4-, Marcos, Lucas, Borja, Diego -2- e Janusz) - SD Viveiro 0