O Infantil B disputa mañá martes un amigable ante a Selección Galega Sub-12
O Infantil B xogará mañá martes 28 de marzo un partido amigable na cidade deportiva de Abegondo. O seu rival será a Selección Galega Sub-12, a partir das 19:00 horas no campo de herba artificial.
O conxunto deportivista é líder destacado do Grupo 1º da Primeira Autonómica con 72 puntos, con 10 puntos de vantaxe sobre o Imperátor e o Oza Juvenil, ambos con 62 puntos.