RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete Feminino gaña pero acaba en segundo lugar a primeira fase da Liga Galega

O Orzán SD Cadete Feminino fixo os deberes e gañou ao Sporting Club San Mateo (3-0) na 18ª xornada (última) da primeira fase da Liga Galega Cadete.

Paula Sánchez e Daniela Basalo -2- foron as goleadoras nun partido sen demasiadas complicacións ante o pechacancelas da categoría.

Orzán SD Cadete Feminino: Paula Bermúdez, Sofía Paz, Antía García, Nadia Basalo, Candela Moreno, Mica Baratelli, Irene Míguez, Sara Domínguez, Daniela Basalo, Paula Sánchez e Noelia Furelos. Tamén xogaron: Nuria Valea, Eva Ouro, Valentina Millón e Yaiza García.

A pesar do triunfo, o Orzán SD Cadete Feminino acabou a primeira fase da Liga Galega Cadete en segunda posición. As orzanistas chegaban a esta última xornada como segundas na táboa con 40 puntos por 41 puntos do Victoria CF. Así pois, co resultado ante o Sporting Club San Mateo sumaron 43 puntos pero as blanquinegras tamén gañaron o seu partido ante o Sárdoma CF e, por conseguinte, alcanzaron os 44 puntos.

Nesta primeira fase, o Orzán SD Cadete Feminino gañou 14 partidos, empatou 1 e perdeu outros 3; cun total de 73 goles a favor por 17 en contra.

Agora, os catro primeiros pelexarán polo título nunha segunda fase que será polo sistema de eliminatoria a dobre partido: o primeiro contra o cuarto (Victoria CF contra o Sárdoma CF) e o segundo contra o terceiro (Orzán SD Cadete Feminino ante o Lóstrego CF). Os dous equipos vencedores xogarán a gran final.

Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino nesta primeira fase da Liga Galega foron os seguintes:

Orzán SD Cadete Feminino 2 (Ana Capelo e Maca González) - Umia CF 0
EF Femenino Rosalía 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Antía García)
Victoria CF 3 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e María Vilariño)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Candela Moreno, María Vilariño -2-, Antía García, Alexia Freire, Sara Domínguez, Ana Capelo -2- e Paula Sánchez -2-) - Caldas CF 0
UD Mos 2 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e Ana Capelo)
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Maca González) - Sárdoma CF 4
Lóstrego CF 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Sara Domínguez)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Laura Santos, Carla Lugilde, Candela Moreno, Ana Capelo, Nadia Longueira, Mica Baratelli, Sara Domínguez -3- e María Vilariño) - SCD Milagrosa 0
Sporting Club San Mateo 0 - Orzán SD Cadete Feminino 6 (Daniela Basalo -2-, Alba Monteserín, Ana Capelo e Paula Sánchez -2-)
Umia CF 1 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Laura Santos e Maca González)
Orzán SD Cadete Feminino 4 (Ana Capelo -2-, Maca González e Uxía López) - EF Femenino Rosalía 0
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Laura Santos) - Victoria CF 1
Caldas CF 0 - Orzán SD Cadete Feminino 6 (Paula Sánchez -3-, Maca González -2- e Noelia Furelos)
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo, Paula Sánchez e Lucía Mariño) - UD Mos 0
Sárdoma CF 5 - Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Paula Sánchez)
Orzán SD Cadete Feminino 4 (Ana Capelo -2-, Daniela Basalo e Antía García) - Lóstrego CF 1
SCD Milagrosa 0 - Orzán SD Cadete Feminino 9 (Paula Sánchez -4-, Macarena González, Mica Baratelli, Ana Capelo, Noelia Furelos e unha futbolista rival en propia meta)
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Paula Sánchez e Daniela Basalo -2-) - Sporting Club San Mateo 0