RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Orzán SD Cadete Feminino reaccionou tarde ante o Imperátor OAR B

O Orzán SD Cadete Feminino, actual campión de liga de Segunda Autonómica, disputou ante o Imperátor OAR B o seu primeiro amigable desta pretemporada.

As orzanistas pagaron cunha derrota (2-3) o seu frouxo arranque de partido, aínda que loxicamente o resultado é o de menos. Paula Martínez e Nadia Longueira foron as autoras dos goles do Orzán SD Cadete Feminino nesta cita.

Orzán SD Cadete Feminino: Paula Bermúdez, Daniela Basalo, Carla Lugilde, Nadia Longueira, Antía García, Noelia Furelos, Sara Domínguez, Ana Capelo, Emma Gandoy, Paula Martínez e Paula Sánchez. Tamén xogaron: Silvia Agras, Mica Aller e Clara Núñez.

En pretemporada desde o pasado 25 de agosto

Dirixido por Kike Muñoz e con Abel Sánchez como asistente, o Orzán SD Cadete Feminino arrincou a pretemporada o pasado 25 de agosto na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias.

O cadro está formada por estas xogadoras:

-Porteiras: Yaiza García e Paula Bermúdez

-Defensas: Antía García, Daniela Basalo, Paula Sánchez, Nadia Longueira, Silvia Agras, Micaela 'Mica' Aller e María Candela Moreno

-Centrocampistas: Micaela 'Mica' Baratelli, Sara Domínguez, Carmen Sol, Noelia Furelos 'Mini' e Macarena 'Maca' González

-Dianteiras: Ana Capelo, Carla Lugilde e Clara Núñez