RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete Feminino vence ao Umia CF e conclúe a Fase polo Título da Liga Galega cadete na primeira posición

O Orzán SD Cadete Feminino venceu (2-0) ao Umia CF en partido correspondente á 7ª xornada (última) da Fase polo Título da Liga Galega cadete con dobrete de Ánxela Prado.

Con este resultado, o conxunto de Enrique M. Solla acaba esta fase na 1ª posición con 19 puntos, froito de 6 partidos gañados e 1 empatado; e con 32 goles a favor e tan só 3 en contra.

Orzán SD Cadete Feminino: Paula Bermúdez, Alexia Freire, Paula Martínez, Nadia Longueira, Daniela Basalo, Mica Baratelli, Sara Cercido, Emma Gandoy, Macarena González, Valeria Montero e Ánxela Prado. Tamén xogaron: Martina Vázquez, Sofía Rodríguez, Sofía Paz, Candela González e Yaiza García.

Agora, o Orzán SD Cadete Feminino xogarase ante o UD Mos, 2º nesta Fase con 18 puntos, o campionato. O formato será eliminatoria a dobre volta.

Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino nesta Fase polo Título da Liga Galega foron os seguintes:

Orzán SD Cadete Feminino 1 (Daniela Basalo) - Victoria CF 1
Lóstrego CF 1 - Orzán SD Cadete Feminino 3 (Laura Santos, Macarena González e Sofía Rodríguez)
Orzán SD Cadete Feminino 7 (Ánxela Prado -3-. Mica Baratelli, Macarena González, Candela González e Sofía Rodríguez) - Viajes InterRías FF 0
UD Mos 1 - Orzán SD Cadete Feminino 6 (Mica Baratelli, Ánxela Prado, Candela Fernández, Macarena González, Lucía González e Valeria Montero)
Orzán SD Cadete Feminino 9 (Ánxela Prado -2-, Valeria Montero -2-, Nadia Longueira -2-, Candela González, Emma Gandoy e Candela Fernández) - Colegio Obradoiro 0
CF Noia 0 - Orzán SD Cadete Feminino 4 (Sofía Paz, Mica Baratelli, Ánxela Prado e Nadia Longueira)
Orzán SD Cadete Feminino 2 (Ánxela Prado -2-) - Umia CF 0