RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Orzán SD Infantil A Femenino arrincou en Azpeitia unha fin de semana de torneos tamén na Coruña, Ribadumia, Vigo, Francia e Inglaterra

ANOSACANTEIRA encara unha nova fin de semana de torneos amigables que arrincou hoxe venres con representación deportivista en Azpeitia. O Orzán SD Infantil A Femenino (na foto principal da noticia) caeu pola mínima (0-1) co Real Valladolid. Mañá xoga outros 4 partidos.

Ademais, o Cadete ten cita na Torre na 32ª edición do Torneo de Fútbol Base Ciudad de La Coruña que organiza a Orillamar SD. CD Calasanz, Imperátor OAR e Bertamiráns FC son os rivais na Primera Fase.

A Vigo desprázase o Infantil para competir na MS2 Cup nas instalacións da Madroa. O UD Ourense, Colexio Hogar SR e Rápido de Bouzas serán os primeiros rivais dos branquiazuis.

Pola súa banda, o Alevín A (na foto inferior) competirá na localidade francesa de Le Mans no Mondial U12 Ans Jean Pierre Papin.

Na Europaths International Cup de Londres haberá dobre representación do Club, concretamente do Fabril FC Alevín e do Fabril FC Benxamín.

O Benxamín A participa na Copa Ribadumia que cada temporada se celebra nas instalacións da Senra.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Azpeitia Cup, en Azpeitia (Guipuzcoa)
Primera Fase
Venres 21 de xuño
ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 0 - REAL VALLADOLID 1

Sábado 22 de xuño
11:30: EZKURDI A - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO (campo 1)
12:30: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - SD EIBAR (campo 3)
17:30: ARNEDO - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO (campo 1)
18:30: LAGUN ONAK A - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO (campo 2)
Os 4 primeiros de grupo accederán a unha Fase Final

Categoría cadete
XXXII Torneo de Fútbol Base Ciudad de La Coruña, na Torre
Sábado 22 de xuño
Primeira Fase
15:55: CD CALASANZ - CADETE
17:55: IMPERÁTOR OAR - CADETE
18:35: BERTAMIRÁNS FC - CADETE
Os dous primeiros pasan a semifinais, que se xogan xa a continuación

Categoría infantil
MS2 Cup en Vigo, na Madroa (Vigo)
Sábado 22 de xuño
Primera Fase
12:20: UD OURENSE - INFANTIL (campo 1)
21:30: INFANTIL - COLEGIO HOGAR SR (campo 1)

Domingo 23 de xuño
11:30: RÁPIDO DE BOUZAS - INFANTIL (campo 1)
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final e o terceiro accederá a unha Fase de Plata

Categoría alevín
Mondial U12 Ans Jean Pierre Papin en Le Mans (Francia)
Primera Fase
Sábado 22 de xuño
9:30: ALEVÍN A - SF ACADEMIE GUADELOUPE
10:50: ALEVÍN A - ES BULLY LES MINES
12:10: ALEVÍN A - USN SPAY
En función da clasificación os equipos pasarán á seguinte fase

Europaths International Cup, en Londres
Primera Fase
Sábado 22 de xuño
14:24: FABRIL FC ALEVÍN - GEN LIONS
14:58: FABRIL FC ALEVÍN - AFC WOMBLES
15:32: DRAGONS FOOTBALL ACADEMY - FABRIL FC ALEVÍN
16:06: SUTTON UNITED YELLOW - FABRIL FC ALEVÍN
En función da clasificación, o equipo pasa a unha segunda fase

Categoría benxamín
IV Copa Ribadumia, na Senra (Ribadumia)
Primera Fase
Sábado 22 de xuño
10:45: BENXAMÍN A - UD SUR (campo 1)
12:00: BENXAMÍN A - TSK ROCES (campo 1)
18:30: BENXAMÍN A - SD TEXTIL ESCUDO (campo 4)
20:10: BENXAMÍN A - CD CUATROVIENTOS (campo 3)

Domingo 23 de xuño
9:00: BENXAMÍN A - DV7 MADRID (campo 2)
En función da clasificación os equipos pasarán despois a unha Fase Final

Europaths International Cup, en Londres
Sábado 22 de xuño
Primera Fase
9:38: FABRIL FC BENXAMÍN - FPF
10:16: FABRIL FC BENXAMÍN - EQUIPO PROCEDENTE DA FASE PREVIA
10:35: DRAGONS FOOTBALL ACADEMY - FABRIL FC BENXAMÍN
10:54: LUTON TOWN - FABRIL FC BENXAMÍN
En función da clasificación, o equipo pasa a unha segunda fase

/* Bot imbee */