RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Orzán SD Infantil Feminino cede en Pastoriza ante o líder

Do mesmo xeito que ocorreu na primeira volta, o Orzán SD Infantil Feminino cedeu ante o SCD Pastoriza (5-4), esta vez en choque correspondente á 8ª xornada, primeira da segunda parte da competición, no subgrupo A da Liga Galega.

Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno e Carolina Lago foron as autoras dos goles no Municipal de Pastoriza nun emocionante partido.

Con este resultado, o Orzán SD Infantil Feminino queda na 2ª posición da táboa con 15 puntos, a 6 do SCD Pastoriza, líder con 21.

Orzán SD Infantil Feminino: Aldara Crespo, Noela García, Martina Vázquez, Sofía de la Viuda, Valentina Millón, Jimena Allegue, Naiara Fontenla, Uxía Fariña, Marta Moreno, Sarai Martínez e Sofía Rodríguez. Tamén xogaron: Eva Ouro, Carolina Lago, Antía Calvete, Noa Morás e Camino Figueiras.

A próxima semana non haberá competición debido á disputa do Campionato de España por autonomías. En 15 días, o equipo que prepara Diego Sánchez recibe na Coruña ao UC Cee, 3º na táboa cos mesmos puntos.

Os resultados do Orzán SD Infantil Feminino no que vai de liga son os seguintes:

Orzán SD Infantil Feminino 4 (Sofía Rodríguez -2- e Marta Moreno -2-) - SCD Pastoriza 5
UC Cee 1 - Orzán SD Infantil Feminino 4 (Sofía Rodríguez -2-, Naiara Fontenla e Jimena Allegue)
Orzán SD Infantil Feminino 8 (Naiara Fontenla -2-, Marta Moreno -3-, Sofía Rodríguez, Nadia Bernabé e Sarai Brenda) - Santa Cruz CF 0
SCD Milagrosa 1 - Orzán SD Infantil Feminino 9 (Marta Moreno -4-, Sofía Rodríguez -3-, Sarai Martínez e Martina Vázquez)
Orzán SD Infantil Feminino 11 (Naiara Fontenla -5-, Marta Moreno -2-, Martina Vázquez -2-, Eva Ouro e Jimena Allegue) - AD Cristo Rey 0
Arzúa FCF 0 - Orzán SD Infantil Feminino 8 (Naira Fontenla -2-, Marta Moreno, Noela García, Martina Vázquez, Sarai Brenda, Ari Barros e Carolina Lago)
SCD Pastoriza 5 - Orzán SD Infantil Feminino 4 (Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno e Carolina Lago)