RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Infantil Feminino vence en Gondomar ao Lóstrego CF antes de recibir ao colíder Victoria CF

O Orzán SD Infantil Feminino venceu con toda xustiza (0-5) en Gondomar ao Lóstrego CF, en partido correspondente á 7ª xornada na Fase polo Título Galego.

As pupilas de Óscar Orro dominaron todos os aspectos do xogo e materializaron o seu bo fútbol cos goles de Sofía Rodríguez, Candela González, Candela Fernández, Valentina Millón e Lola Nieto.

Con este resultado, o Orzán SD Infantil Feminino colidera o grupo con 21 puntos, os mesmos que o Victoria CF. Ambos os equipos ven as caras a próxima fin de semana en Elviña Pequeno nun partido que pode decidir o título.

Orzán SD Infantil Feminino: Sofía Carregal, Irene Míguez, Candela González, Paula Martínez, Eva Rama, Alexia Freire, Candela Fernández, Valeria Montero, Alba Monteserín, Sofía Rodríguez e Yanis Citoula. Tamén xogaron: Lola Nieto, Eva Ouro, Ánxela Prado, Martina Sánchez e Valentina Millón.

Os resultados do Orzán SD Infantil Feminino na Fase polo título galego son os seguintes:

UD Mos 0 - Orzán SD Infantil Feminino 1 (Yanis Citoula)
Orzán SD Infantil Feminino 9 (Sofía Rodríguez -5-, Valeria, Candela Fernández e Ánxela Prado -2-) - Lóstrego CF 1
Orzán SD Infantil Feminino 3 (Sofía Rodríguez, Yanis Citoula e Alexia Freire) - UD Mos 0
Lóstrego CF 0 - Orzán SD Infantil Feminino 5 (Sofía Rodríguez, Candela González, Candela Fernández, Valentina Millón e Lola Nieto)