RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino dobrega ao CF Noia coa internacional Elena Vázquez de goleadora

O Orzán SD Xuvenil Feminino dobregou (4-0) ao CF Noia na Torre en partido correspondente á 4ª xornada na Primeira División Autonómica.

Unha das protagonistas foi Elena Vázquez, que a pesar da súa condición de defensa celebrou con dous goles ás noiesas na segunda parte a súa recente participación coa selección española sub-17 na rolda 1 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría.

Laura Santos e Ana Capelo completaron o marcador para o equipo que dirixe César Conde.

Con este resultado, o Orzán SD Xuvenil Feminino sobe á cuarta praza da clasificación, con 8 puntos.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Yaiza García, Noelia Furelos, Uxía López, Elena Vázquez, Antía Brage, Iria Otero, Emma Gandoy, Laura Santos, Ivana Fernández, Noe Gómez e Ana Capelo. Tamén xogaron: Martina Rivas, Sara Cercido, Paula Sánchez, Macarena González e Daniela Agilda.

A próxima fin de semana, as orzanistas volven xogar no seu campo da Torre, esta vez ante o SDCyR Narón O Freixo.

Os resultados até a data do Orzán SD Xuvenil Feminino son os seguintes:

Victoria FC B 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Elena Vázquez)
Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Elena Vázquez, Emma Gandoy, Ana Capelo, Uxía López e Laura Santos) - Atlético Arousana 1
Bergantiños CF 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Laura Santos, Ana Capelo e Elena Vázquez -2-) - CF Noia 0