RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Orzán SD Xuvenil Feminino escala á segunda praza coa súa vitoria ante a SD Antas

O Orzán SD Xuvenil Feminino ascende á 2ª posición na Primeira División Autonómica coa súa vitoria na Torre (2-0) ante a SD Antas, en partido correspondente á 7ª xornada.

Os goles de Ana Capelo e Macarena González supoñen ademais o cuarto triunfo consecutivo para as orzanistas, que aínda non coñecen a derrota no que vai de liga.

Con este marcador, o Orzán SD Xuvenil Feminino suma 17 puntos, só superado na clasificación polo Sárdoma CF B, líder con 19.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Uxía Rabuñal, Noelia Furelos, Uxía López, Elena Vázquez, Irene Arcay, Sara Cercido, Laura Santos, Paula Sánchez, Ivana Fernández, Ana Capelo e Carlota Rubio. Tamén xogaron: Martina Rivas, Antía Brage, Macarena González, Paula Martínez e Micaela Baratelli.

A próxima fin de semana, o equipo que dirixe César Conde visita ao Tomiño FC Feminino.

Os resultados até a data do Orzán SD Xuvenil Feminino son os seguintes:

Victoria FC B 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Elena Vázquez)
Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Elena Vázquez, Emma Gandoy, Ana Capelo, Uxía López e Laura Santos) - Atlético Arousana 1
Bergantiños CF 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 1 (Laura Santos)
Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Laura Santos, Ana Capelo e Elena Vázquez -2-) - CF Noia 0
Orzán SD Xuvenil Feminino 7 (Noe Gómez -2-, Sara Cercido, Maca González, Laura Santos -2- e Lucía Rodríguez) - SDCyR Narón Freixo 0
SD Tordoia 2 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Ana Capelo, Elena Vázquez e Uxía López)
Orzán SD Xuvenil Feminino 2 (Ana Capelo e Macarena González) - SD Antas 0