O partido do Dépor ABANCA ante a SD Eibar, declarado "Día DÉ..." As Mulleres
O partido do Dépor en ABANCA-RIAZOR de domingo 9 de marzo ás 17:30 ante a SD Eibar (Dazn) foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." As Mulleres.
Por medio desta proposta, destinaranse prazas do Palco de Honra do Estadio a mulleres consideradas un exemplo nas súas actividades profesionais como as deportistas Sofía Toro, Marta Brañas, Elena Roca, Dores Tasende, Helena García Suárez e María Valdés Álvarez; científicas como María Jesús Alonso, Deborah García e Desireé Teijeiro; médicas como Manuela Camino López e Dores Varela; artistas como Susana Seivane, Rosa Cedrón, Ana Carabela, Bea Mariño, Antía Caamaño, Sabela Caamaño, Icía Varela, Leticia Rei e Nastasia Zurcher; empresarias como Margarita Hermo e Susana Pérez Iglesias; docentes como Amparo Alonso Betanzos; ou Dolores Estrada, Presidenta da Fundación San Rafael; e Ruth Rodríguez e Montse Vázquez, da Asociación Bolboretas.
En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.