RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O partido do Dépor ante o Cádiz CF, declarado "Día DÉ..." A Educación

O partido do Dépor en ABANCA-RIAZOR deste domingo 4 de xaneiro ás 21:00 ante o Cádiz CF foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." A Educación.

Por medio desta proposta, destinaranse prazas do Palco de Honra do Estadio a representantes de EDUCO Galicia, unha ONG que traballa pola educación como base do crecemento persoal e colectivo sobre todo para os sectores máis desfavorecidos.

O fútbol, do mesmo xeito que a educación, transmite valores esenciais como o esforzo, o respecto, o traballo en equipo e a superación. 

Desde o club queremos tamén pór en valor á comunidade educativa _alumnado, profesorado e familias_ e reforzar o compromiso do Deportivo coa formación, dentro e fóra do terreo de xogo.

ABANCA-RIAZOR convértese así nun punto de encontro onde deporte e educación camiñan da man, lembrándonos que formar persoas é tan importante como formar futbolistas. Porque o futuro tamén se constrúe desde as aulas, cos mesmos valores que defendemos cada fin de semana.

En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.