RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O partido do Dépor ante o Córdoba CF, declarado "Día DÉ..." Fútbol Sen Barreiras

O partido do Dépor en ABANCA-RIAZOR de mañá venres 7 de marzo ás 21:00 ante o Córdoba CF (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2) foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." Fútbol Sen Barreiras.

Por medio desta proposta, destinaranse prazas do Palco de Honra do Estadio a representantes de colectivos para os que o deporte do fútbol, e máis concretamente o Dépor, supoñen unha ferramenta máis no seu traballo diario: Fundación ADCOR, FEAFES Saúde Mental Galicia, ASPACE, DOWN CORUÑA, ONCE, Asociación de Persoas Xordas (ASPEXOR), Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia), ASPANAES, ASPRONAGA, Asociación Prol Enfermos Mentais (APEM), Asociación de Pais de Discapacitados (ASPADISOL), Fundación ABRENTE e Proxecto SHOWDOWN.  

En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.