RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo abre o Palco de Honra do estadio ABANCA-RIAZOR á afección e á cidadanía

O Club levará a cabo esta temporada unha iniciativa pioneira para facer a entidade máis próxima e dar protagonismo aos principais sectores sociais na zona máis destacada do estadio.

O RC Deportivo está decidido a construír unha entidade aínda máis próxima á afección e á cidadanía nesta nova etapa, comezando polo Palco de Honra do estadio ABANCA-RIAZOR. Nesta liña, o Club levará a cabo unha iniciativa pioneira durante esta temporada para abrir o palco aos seguidores branquiazuis e aos principais sectores sociais.

En cada encontro que se dispute na Coruña, o Palco de Honra terá ao redor de 60 prazas, máis da metade das dispoñibles, dedicadas a un colectivo social, coa denominación de "O día de" e unha temática que será anunciada publicamente antes de cada partido e será lembrada por megafonía durante o descanso do mesmo, para darlle visibilidade. As localidades que non sexan cubertas polo devandito colectivo serán ofrecidas sempre aos Socios de Ouro e Prata do Club por orde de antigüidade e con rotación.

Precisamente no primeiro partido da temporada en casa, que o Dépor disputará o sábado 26 de agosto ás 19.30h fronte ao Rayo Majadahonda, o Club comezará esta iniciativa con "O Día de Ouro", polo que chamará aos Socios de Ouro do RC Deportivo por orde de antigüidade para que ocupen un lugar no Palco de Honra no primeiro encontro da competición oficial.

Na reorganización do Palco de Honra eliminarase a idea de asentos perpetuos e manteranse só como asentos fixos as prazas puramente institucionais. Ademais, o RC Deportivo trasladou directamente a todos os seus expresidentes que por primeira vez utilizarase a área 1906, situado na mesma bancada de Tribuna pero máis próximo ao terreo de xogo, para darlles en cada encontro un lugar destacado, así como o acceso á zona VIP da mesma.

Do mesmo xeito, o Club xa comunicou a reordenación ao resto de invitados que acudían ao Palco, cuxa localidade se porá a disposición dos sectores sociais.

Con esta acción, o Club quere dar protagonismo e agradecer o apoio ao RC Deportivo nos últimos anos, nos que o apoio da afección e o número de abonados mantense en niveis moi elevados a pesar de estar fóra das principais categorías.

Este agradecemento vai na mesma liña doutras campañas recentemente implantadas, como as facilidades para adquirir abonos a determinados colectivos, o achegamento da temática das camisetas, as homenaxes a lendas branquiazuis ou xestos como a recente colocación dunha lona nas inmediacións da Praza de Pontevedra coa lema: "Non é o mesmo estar en Primeira que ser de Primeira", que lembra o número de abonados e asistentes a ABANCA-RIAZOR a pasada campaña.