RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo aposta na súa campaña do Nadal pola ilusión e o sentimento deportivista que une xeracións

O RC Deportivo presenta a súa nova campaña de Nadal, unha peza emocional asinada pola axencia coruñesa Reclam, que celebra a paixón branquiazul que se transmite de xeración en xeración. 

Protagonizada por un avó e o seu neto, a campaña reflicte como ambos viven o Dépor e comparten un sentimento común: agarimo, complicidade e fe incondicional cara ao equipo. 

A historia expón unha pregunta sinxela e universal: Pódese crer en algo que nunca viches? 

O novo protagonista representa a capacidade dos máis pequenos para manter a ilusión e crer mesmo nesas cousas que xamais puideron palpar cos dedos. Eles son os que ano tras ano, Nadal após Nadal, traen a maxia e a emoción, non só a cada fogar, senón tamén a ABANCA-RIAZOR e, en especial, a un Club cun sentimento que traspasa xeracións e conecta con miles de persoas. 

O avó, deportivista desde hai décadas, transmite a historia, os valores e a paixón branquiazul. Reflicte a fidelidade, a memoria e o sentimento forxado ao longo dos anos, a figura que acompaña e reforza ese amor inexplicable.

Xuntos simbolizan a conexión entre experiencia e entusiasmo, memoria e esperanza. Onde diríxense os protagonistas desta historia? Segue nas redes sociais do Dépor como continúa a súa aventura.