RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo arrinca a xira promocional 'DÉ x Venezuela'

O RC Deportivo arrinca unha nova e ambiciosa xira promocional, 'DÉ x Venezuela', após a levada a cabo recentemente en Brasil. 

A expedición deportivista estará encabezada polo vicepresidenta Michelle Clemente e o responsable da área internacional Alejandro Vidal.

A axenda deportivista comeza este martes 22 de abril coa visita ao Caracas FC, un dos grandes clubs de Venezuela, á Hermandad Gallega de Caracas e á Federación Venezolana de Fútbol.

Un dos actos centrais da xira 'DÉ x Venezuela' terá lugar este domingo 27 de abril cunha festa na Hermandad Gallega de Caracas, coincidindo coa retransmisión do partido do Dépor en El Sardinero ante o Real Racing Club. Este evento contará coa colaboración de LaLiga. Haberá tamén sorteo de merchandising do Club e disputarase un partido amigable.

O RC Deportivo estreita así os lazos cun dos países americanos con maior comunidade galega, ademais de ser unha importante potencia futbolística tanto a nivel masculino como feminino, como o demostran as xogadoras venezolanas que militan (caso de Michi Apóstolo) ou militaron no Dépor ABANCA (Oriana Altuve, Gaby, Michelle Romero, Kika...).