O RC Deportivo aumenta a súa pegada nas redes coa creación de perfís propios para o Dépor ABANCA e a canteira
Máis de 13 anos despois da creación da súa primeira conta en Twitter, o RC Deportivo aumenta a súa pegada nas redes sociais coa creación de perfís propios para o Dépor ABANCA e a canteira. Desde esta semana, en Twitter e Instagram, todo o relacionado con #ASNOSAS pasará a estar dispoñible en @RCDeportivoFem e as noticias e contidos de #ANOSACANTEIRA, encabezados polo Fabril, en @DeporCanteira.
As novas contas teñen como obxectivo potenciar a imaxe en redes sociais do primeiro equipo feminino e de todos os equipos da base, realizando unha cobertura máis especial e diferenciada da actualidade destes conxuntos e aumentar o número de contidos dispoñibles sobre eles.
Desta maneira, o RC Deportivo ratifica unha vez máis a aposta decidida por seguir impulsando ao Dépor ABANCA e as categorías inferiores da entidade, deixándolles o seu propio espazo de difusión en redes sociais. Á vez, impulsaranse as sinerxías e interactuación entre os diferentes perfís, equipos e categorías do Club.