RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo Business Club e o RSG Business Club únense nun encontro durante a xornada 4 Dépor-Sporting de Gijón no estadio ABANCA-RIAZOR

O pasado sábado 6 de setembro no Estadio ABANCA-RIAZOR desenvolveuse o evento de unión entre os clubs de empresa do RC Deportivo e Sporting de Gijón. 

Así, participaron preto de 40 empresas de ambos os clubs e máis de 60 empresarios. Todos eles gozaron dun breve percorrido polo estadio, ademais dunha dinámica de presentacións entre empresas de ambas as entidades. 

Posteriormente desprazáronse a comer ao restaurante 'Tira do Playa' e culminaron o evento vendo o partido entre ambos os equipos en ABANCA-RIAZOR. Os asistentes contaron cun espazo exclusivo desde o cal puideron seguir o encontro e establecer conexións profesionais nun ambiente deseñado para fomentar o networking.

Este evento foi a continuación ao celebrado o pasado maio entre ambas as entidades antes do partido no Molinón. 

En definitiva, este tipo de reunións fomentan a creación de sinerxías entre comunidades con intereses e obxectivos similares.