RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo convértese no primeiro club de España que usa unha "Dobre U" televisiva de forma física

Esta temporada foi un gran éxito para o RC Deportivo en todos os sentidos. Os triunfos e ascensos logrados no campo uníronse ás boas noticias, como a sentenza favorable á saída do concurso de acredores, e o crecemento do Club en todos os ámbitos. 

Unha das principais áreas onde o RC Deportivo segue crecendo é na parcela comercial. Esta temporada, este departamento experimentou un aumento dun 37,5% respecto ao pasado curso. Un crecemento marcado pola innovación. O Club está a tratar de ir modernizando os seus contidos comerciais e conseguir que estes vaian un paso máis aló da publicidade tradicional. 

Froito desta innovación chegou un dos grandes fitos da temporada. O RC Deportivo, da man de AIM Sport, converteuse nun dos primeiros clubs de toda España en utilizar unha "Dobre U" televisiva, e o primeiro e único que o fixo de maneira física. Os dous valos leds estiveron presentes no partido do Club ante o Barça Atlètic, deixando unha imaxe espectacular e aumentando exponencialmente o impacto das marcas que aparecían nela. 

Unha experiencia que, após o gran éxito nese partido, repetirase en todos os encontros que o equipo dispute a próxima temporada en ABANCA-RIAZOR. Desta maneira, e xunto ao novo céspede híbrido e outras reformas que se realizarán no estadio, o RC Deportivo pretende volver converter ABANCA-RIAZOR nun estadio de referencia en todo o mundo.