RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo, de xira institucional por Brasil, foi recibido por Mauro Silva na sede da Federación Paulista

O RC Deportivo visitou este martes a sede da Federación Paulista de Fútbol en São Paulo, onde foi recibido por Mauro Silva, vicepresidente do órgano federativo brasileiro e lenda branquiazul.

A delegación deportivista estivo encabezada pola vicepresidenta Michelle Clemente e o conselleiro delegado Massimo Benassi. O director de estratexia do Club, Paulo Dinis; e o director de fútbol fútbol, Fernando Soriano, tamén forman parte da expedición branquiazul que estes días se atopan de viaxe en Brasil. 

O RC Deportivo considera ao país suramericano como estratéxico dentro do seu plan de expansión internacional. Por iso é polo que ao longo da súa estancia, a delegación do RC Deportivo tamén mantivese reunións co Red Bull Bragantino e o Palmeiras co obxecto de intercambiar información e coñecer diferentes proxectos.