RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial formalizan un convenio de colaboración

O RC Deportivo e Nordés Club Empresarial selaron un acordo de colaboración.

A alianza nace co obxectivo de reforzar os vínculos entre o Dépor e o tecido empresarial, fomentando espazos de encontro, colaboración e xeración de sinerxías entre empresas e a entidade branquiazul. 

A través desta unión, ambas as partes traballarán en iniciativas orientadas ao intercambio de coñecemento, a creación de oportunidades de negocio e o impulso de proxectos compartidos, tamén da man do RC Deportivo Business Club.

Con esta nova iniciativa, Nordés Club Empresarial dá un novo impulso ao seu obxectivo de promover a conexión entre empresas e profesionais, apostando polo desenvolvemento de relacións sólidas e o crecemento conxunto dentro da contorna empresarial. 

Desta forma, o Dépor continúa fortalecendo a súa rede de alianzas estratéxicas, integrando un proxecto que contribuirá a estreitar a relación entre o club e o ámbito empresarial, e a xerar novas oportunidades de conexión e desenvolvemento conxunto.

Ángeles Ríos, Presidenta do Club Nordés Empresarial, subliñou que "a faceta de persoa empresaria leva no corazón igual que as cores do noso Dépor, por iso desde Nordés queremos crear conexións e apoiar a través do tecido empresarial ao equipo da cidade".

Pola súa banda, Massimo Benassi, Conselleiro Delegado do RC Deportivo, manifestou que o acordo "reforza unha liña de traballo que para o RC Deportivo é prioritaria: estreitar a relación do Club co tecido empresarial e xerar espazos reais de colaboración e crecemento compartido. Iniciativas como esta permítennos construír alianzas sólidas, compartir coñecemento e crear oportunidades que achegan valor ao RC Deportivo e á súa contorna".

Así mesmo, quere "agradecer a Nordés Club Empresarial o seu compromiso, visión e implicación co proxecto, porque sumar aliados que senten o Club e cren no traballo conxunto é clave para seguir crecendo. É un paso máis na consolidación dunha rede estratéxica que fortalece ao RC Deportivo máis aló do terreo de xogo".