RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo, recoñecido por LaLiga como Club do Mes polo seu impulso da área de Recursos Humanos e o seu desempeño dixital

LaLiga outorgou ao RC Deportivo dúas distincións consecutivas como Club do Mes.

En novembro recoñeceu o traballo realizado en materia de xestión interna e desenvolvemento de persoas, destacando a consolidación da área de Recursos Humanos como un eixo estratéxico da entidade.

O RC Deportivo configurou un equipo de Recursos Humanos composto por perfís complementarios que permiten abordar funcións crave como relacións laborais, cultura organizativa, planificación estratéxica, desenvolvemento profesional e apoio transversal a todas as áreas do club. 

As iniciativas impulsadas desde este departamento foron consideradas por LaLiga como boas prácticas e foron compartidas en sesións formativas con outros clubs.

Excelencia na produción e estratexia de contidos dixitais en setembro

En setembro, LaLiga distinguiu ao RC Deportivo pola súa excelencia na produción e estratexia de contidos dixitais. 

Así, destacou a evolución na súa presenza dixital, subliñando a calidade dos contidos producidos, a adopción de novas narrativas audiovisuais e a optimización do ecosistema dixital do club. 

En comparación coa temporada 2024-2025, o RC Deportivo rexistrou un crecemento do 100% en produción de vídeo, un incremento do 38% en novos seguidores, un aumento do 67% nos indicadores de engagement e unha subida do 14% en visualizacións totais. 

Entre as accións sinaladas por LaLiga atópanse os contidos en YouTube e un enfoque narrativo reforzado, así como a optimización de momentos destacados de directos.

Estes recoñecementos reflicten o avance do club en ámbitos crave para o seu crecemento institucional e evidencia o progreso tanto no seu desempeño dixital como na consolidación dun modelo moderno de xestión de persoas. 

Estes avances reforzan o compromiso do RC Deportivo coa innovación, a profesionalización e a mellora continua en todas as súas áreas.