RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo se alía con Proteckthor no seu torneo do 17 de maio para protexer aos futbolistas máis novos dos impactos na cabeza

Proteckthor, o protector fronte a impactos recibidos na cabeza polos futbolistas, estará presente o próximo 17 de maio na Cidade Deportiva de Abegondo durante a disputa do XVIII Torneo RC Deportivo.

Empresa líder na prevención de enfermidades neurodexenerativas, conmocións cerebrais e deterioración cognitiva, Proteckthor foi a gañadora da primeira edición do Start-UP Day do Dépor Innovation Center en 2023.

O dispositivo Proteckthor B1, que será usado nalgúns encontros por equipos de #ANOSACANTEIRA, poderá adquirirse en Abegondo durante o 17 de maio. Ademais, a través da súa páxina web tamén poderá comprarse ao mesmo prezo até o 31 de maio cun código desconto especial para o deportivismo.

Con Proteckthor, calquera futbolista pode beneficiarse da redución dun 93% nos impactos na cabeza. Ademais, Proteckthor mantén a velocidade de saída do balón, polo que non é considerado doping tecnolóxico.