RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O San Tirso SD Infantil non puido amarrar un partido que gañaba 2-0 ao descanso

O San Tirso SD Infantil non foi capaz de amarrar un partido ante o Cidade de Ribeira CF (2-2) que gañaba por 2-0 ao descanso.

Alberto e Sergio adiantaron aos 'verdes' na primeira metade pero os barbanceses igualaron con 2 goles nos últimos 10 minutos.

Co resultado deste encontro correspondente á 12ª xornada, o equipo que dirixe Borja Souto suma 13 puntos na 11ª posición da División de Honra.

San Tirso SD Infantil: Lucas López, Javi Seoane, Samuel, Nikolay, Iago Varela, Lucas Vázquez, Alberto, Raúl, Sergio, Gabri e Roi. Tamén xogaron: Antón, Guille, Martín Forján e David Cabaleiro.

A próxima fin de semana, o San Tirso SD Infantil pechará 2022 coa visita ao Arosa SC.

Os resultados do San Tirso SD até a data son os seguintes:

Deportivo 4 - San Tirso SD Infantil 0
San Tirso SD Infantil 3 (José Quiroga, Alberto e Daniel) - EF Portero '2000' 1
CD Areosa 2 - San Tirso SD Infantil 0
San Tirso SD Infantil 0 - ED Val Miñor Nigrán 1
EF Denis Suárez 0 - San Tirso SD Infantil 1 (Pablo Vara)
San Tirso SD Infantil 1 (Alberto) - Victoria FC 0
CD Conxo Santiago 3 - San Tirso SD Infantil 2 (Roi e Ander)
San Tirso SD Infantil 0 - Ural Español CF 7
Pabellón Ourense 7 - San Tirso SD Infantil 0
San Tirso SD Infantil 5 (Sergio, Iago Varela, Nikolay, Guille e Antón) - Bergantiños CF 1
CD Lugo 4 - San Tirso SD Infantil 1 (Ander)
San Tirso SD 2 (Alberto e Sergio) - Cidade de Ribeira CF 2