RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Sporting CP, subcampión de Portugal, crúzase este venres no camiño do Dépor ABANCA

Finalizado o encontro ante o SC Braga, o Dépor ABANCA continuará a súa concentración no Complexo Deportivo de Melgaço, que concluirá este venres 2 de agosto ante outro rival de primeiro nivel, o Sporting CP, vixente subcampión de liga en Portugal.

O amigable, segundo este verán para As Nosas, comezará ás 13:00 hora galega (12:00 en Portugal) no estadio da localidade de Vila Cha; e será a porta pechada.

Así pois o calendario de partidos do Dépor ABANCA, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 31 de xullo
SC Braga 1 - Deportivo ABANCA 0

Venres 2 de agosto
13:00 (hora galega, 12:00 en Portugal): Sporting CP - Deportivo ABANCA, no Estadio Vila Cha en Vila Cha

Sábado 10 de agosto
18:30: Dépor ABANCA - Athletic Club, en ABANCA-RIAZOR (XII Trofeo Teresa Herrera feminino, 📺Youtube RC Deportivo)

Sábado 17 de agosto
18:30: SD Eibar - Dépor ABANCA, no campo de fútbol de Unquera (Cantabria)