O Deportivo ABANCA B rescatou un punto na súa visita ao Olímpico de León (3-3) grazas ao talento de Noela (na foto na fila de abaixo a primeira pola dereita) e ao espíritu de loita do equipo deportivista.
A atacante branquiazul foi sen dúbida a gran protagonista do encontro, correspondente á 11ª xornada en Tercera Federación FutFem.
Aos 2 minutos, adiantou ao conxunto de Óscar Orro, que saltou mellor ao campo que o seu rival.
No entanto, aos poucos o Olímpico de León conseguiu igualar o encontro e darlle a volta ao marcador con dous goles consecutivos (minutos 61 e 63).
Os minutos de desconto foron frenéticos. Noela empatou o choque, volveu adiantar o Olímpico e de novo Noela lograba o definitivo empate cando todo parecía perdido.
Con este resultado, o Deportivo ABANCA B suma 28 puntos e sitúase na 2ª posición da táboa.
Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Celia Sousa, Elena Vázquez, Carmen Carballada, Laura Otero, María Calvo, Noela, Paula Monteagudo, Lucía Rivas, Elena López 'Cusi' e Noela Mayo. Tamén xogaron: Laura Testa, Macarena González, Lucía Mariño e Sara Cercido.
A próxima fin de semana, o Dépor ABANCA B recibe en Abegondo ao Peluquería Mixta Friol.
Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:
Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)
Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0
Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo)
Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2
Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi')
Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1
Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)