RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Ural Español CF será o primeiro rival do Fabril FC Alevín en liga

O Fabril FC Alevín xa coñece o seu calendario no subgrupo B de Primeira A Coruña, que comeza esta fin de semana ante o Ural Español CF.

O cadro deportivista terá como rivais, ademais do xa mencionado Ural Español CF, a Victoria CF, CD Calasanz e Oza Juvenil SD.

O formato de competición será de liga a dobre volta. Os tres primeiros clasificados accederán a unha segunda fase, que será unha liga todos contra todos na que entrarán tamén os tres primeiros destes subgrupos: A da Coruña, C das Mariñas, D das Mariñas e E das Mariñas.

O calendario do Fabril FC Alevín é o seguinte:

Xornada 1 (12/12/2021) Xornada 6 (30/01/2022)
Ural Español CF Fabril FC Alevín
Xornada 2 (19/12/2021) Xornada 7 (06/02/2022
Fabril FC Alevín Victoria CF
Xornada 3 (09/01/2022) Xornada 8 (13/02/2022)
CD Calasanz Fabril FC Alevín
Xornada 4 (16/01/2022) Xornada 9 (20/02/2022)
Descanso Descanso
Xornada 5 (23/01/2022) Xornada 10 (27/02/2022)
Fabril FC Alevín Oza Juvenil SD