RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O vestiario branquiazul fala de mal partido no peor momento

Pablo Vázquez e o goleador hoxe Mikel Balenziaga pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O central asegurou que o de hoxe "foi dos peores partidos que fixemos aquí en ABANCA-RIAZOR. A oportunidade era grande porque despois de facer o partido que fixemos en Barcelona viñamos cun empuxe e unha confianza. Non entendo moi ben o partido que nos saíu nun momento que era o de engancharnos á zona alta. Mal partido no peor momento".

Confesa que "a sensación foi moi mala xa desde a primeira parte. Hai que asumir que non estamos ao nivel e que agora hai que limpar cabeza porque o fútbol non te perdoa".

Opina que o gol encaixado foi "igual que o de Osasuna B: o equipo envorcado en ataque, pouca xente detrás do balón, perda... E os equipos están con ese punto de inspiración contra nós que é curioso. Rematáronnos unha vez ou dúas e é curioso o nivel de acerto que están a ter".

Preguntado por unha explicación, Pablo Vázquez afirma que "é difícil. Mira que lle damos voltas, adestramos duro, forte e niso estamos. No tema futbolístico hai moitas cousas que mellorar pero quizá máis cousas mentais. Hai que darlle outra volta".

Pola súa banda, Mikel Balenziaga pensa que "non estivemos cómodos nin na primeira parte nin na segunda; nin con balón nin sen balón. Eles con moi pouquiño facíannos esa sensación de perigo que non nos deixaba estar cómodos. E na segunda parte non puidemos, non tivemos esa frescura con balón para chegar a esa zona de finalización para crear ocasións. Hoxe non fixemos un bo partido. Non hai escusas. Témonos que mirar cara adentro para facer unha reflexión e autocrítica".

O lateral zurdo, ao que "o gol hoxe non me dá nin un chisco de alegría", recalca que "xeramos moi pouquiño, estivemos incómodos con e sen balón aínda que non nos fixeron moitas ocasións".

De feito, engade que "me preocupa o pouco que xeramos hoxe e o incómodos que estivemos con balón. Na segunda parte entramos nun bloqueo no que non viamos esa saída de balón para crear ocasións, para deixar o balón en condicións aos homes de arriba para ter ocasións".

Finalmente non ten ningún pero para #ANOSAFORZA: "Non fixemos un bo partido e é normal que a afección non estea contenta".